CRTVG

Buscar

Continúan as investigacións para esclarecer o lume da Chavasqueira

Publicado o 11/03/2020 13:59

Case un ano despois do incendio das termas da Chavasqueira, continúan as investigacións, pero sen moitos avances. A Policía Nacional comezou coas pescudas porque había indicios de que o lume fora intencionado.

Os axentes recolleron numerosas probas, pero unha vez analizadas non atoparon material que permitira incriminar e deter o autor do incendio.

Mentres, as ruínas das termas continúan valadas e a súa reconstrución parece que tampouco avanza. Falta un informe de Urbanismo e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para poder executar as obras. Os usuarios das termas seguen reclamando a súa reconstrución e posta en marcha.

Noticias web

11/03/2020