CRTVG

Buscar

Continúan as investigacións ao excondutor de autobús escolar da Illa de Arousa

Publicado o 18/05/2021 12:47
Continúan as investigacións ao excondutor de autobús escolar da Illa de Arousa

O condutor de autobús escolar da Illa de Arousa denunciado por practicar, supostamente, tocamentos ás menores durante as paradas nos traxectos ao colexio continúa investigado. O Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía decidiu manter o caso aberto e seguir coa investigación.

O home de 55 anos, que dende que se coñeceron os feitos deixou de traballar para a empresa de transportes, permanece en liberdade con cargos, acusado agora dun presunto delito de abuso sexual a menores de 16 anos.

Noticias web

18/05/2021