CRTVG

Buscar

Continúan as denuncias e detencións da Garda Civil de xente que non respecta o confinamento

Publicado o 16/04/2020 16:14

Este home da localidade cacereña de Malpartida foi denunciado por saír á praza da vila e realizar varios disparos ao aire coa súa escopeta.

Tamén en Cáceres, en Navas de Madroño, foron denunciadas 23 persoas por celebrar unha festa en plena rúa, coincidindo coa festividade local.

En Fuentes de Ebro, Zaragoza, a Garda Civil detivo este home despois de que fuxise nun control especial.

E noutro control, en Tenerife, outro home fuxiu cando ía ser identificado e tirouse ao mar. Activouse un dispositivo de busca, que resultou infrutuoso toda a noite e non apareceu ata este mediodía.

E finalmente, en Barcelona, foron detidos dous intergrantes dunha banda internacional despois de asaltaren varios locais de actividades esenciais estes días de confinamento en localidades da Costa Brava.




 

Noticias web

16/04/2020