Continúan as cancelacións de voos que unen Galicia con Madrid
Publicado o 11/01/2021 20:44
No aeroporto Rosalía de Castro de Santiago os paneis avisaban dende primeira hora da cancelación do enlace con Madrid.
Algúns pasaxeiros optaron por buscar rutas alternativas.
A situación repetiuse no aeroporto de Vigo, onde pola mañá tampouco operou a conexión con Madrid entre as queixas dalgúns viaxeiros.
As cancelacións continuaron efectuándose ao longo da tarde, logo de seren anuladas unha saída e unha chegada desde Madrid a Santiago.
Entre os afectados, sobre todo, estudantes e traballadores.
Tamén houbo atrasos no enlace entre Madrid e A Coruña, que finalmente puido operar. AENA pide aos viaxeiros que confirmen os seus voos coas aeroliñas antes de dirixirse ao aeroporto.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 16:52
03/03/2021 16:44