CRTVG

Buscar

Continúan a investigación para aclarar a colisión de trens en Manresa

Publicado o 09/02/2019 15:25

Voceiros de Renfe confirmaron esta mañá que os traballos de recuperación e de investigación para aclarar as circunstancias polas que onte chocaron frontalmente dous convois en Manresa, Barcelona, continuarán durante toda a fin de semana. Deste xeito, manterarse suspendido a circulación por este tramo entre San Vicens de Castellet e Manresa.

O accidente que aconteceu pasadas as seis da tarde de onte saldouse cunha persoa morta, a maquinista dun dos convois, de 26 anos. Ademais hai 6 feridos graves e un cento de persoas con feridas de distinta consideración. Nos dous trens desprazábanse uns 400 viaxeiros.

Técnicos de Adif e Renfe encargaranse de investigar as circunstancias que levaron a que o tren que circulaba dende Barcelona cara a Manresa pola liña R4 de dobre dirección se topara de fronte con outro tren pola mesma vía.

Dende a Consellería de Territorio da Generalitat reclamouse que non circulen os trens polo tramo afectado ata que non se realicen melloras nas infraestruturas. Nesta liña xa se producira hai dous meses outro accidente ferroviario, daquela por un desprendemento, que se saldou cunha vítima mortal e 49 feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019