Continúa o xuízo polo crime de Cabana de Bergantiños
Publicado o 18/06/2020 15:04
Na Audiencia Provincial da Coruña continúa o xuízo que se segue contra o autor confeso da morte da súa muller en Cabana de Bergantiños. Pola sala seguen pasando testemuñas que fan que cada vez teñan menos forza os argumentos esgrimidos pola defensa, nun intento de xustificar o crime como un arrouto.
Nas últimas horas, axentes da Garda Civil encargados da investigación confirmaron que a vítima non tivo ocasión para defenderse. Tamén desbotaron que o acusado estivese baixo os efectos do alcohol, como el mesmo declarou ante o xuíz. A vista continuará a próxima semana.