Medra a presenza de turistas en Compostela a pesar do tempo invernal
Calquera que saía á rúa estes días ben podería pensar que estamos no outono. O mes de xullo continúa avanzando pero acompañado dos chuvasqueiros e paraugas e outro día máis, atopámonos inmersos noutra xornada de inestabilidade na que predominan as baixas temperaturas e as chuvias. Unha situación que lles está atragantándo as vacacacións na costa tanto aos galegos como aos visitantes.
Pola contra o turismo de interior medra. Estes días Compostela acolle a unha gran cantidade de turistas e peregrinos que chegan á cidade procedentes de todo o mundo. O mércores aínda continuaremos baixo a influencia dunha borrasca aínda que menos intensa. Agardase algún chuvasco pero as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e de cara ao xoves teremos xa ambiente seco e a chegada dun anticiclón traerá un tempo máis propio desta época do ano.