CRTVG

Buscar

Continúa o peche no hospital de Verín tras fracasar a reunión co conselleiro de Sanidade

Publicado o 03/12/2019 15:52

Arredor dunha vintena de traballadores continúan pechados no hospital de Verín. Non houbo acordo na reunión que mantiveron co conselleiro de Sanidade e o peche, din, é indefinido. Acúsano de non valorar ningunha das alternativas propostas. O conselleiro asegurou que, a día de hoxe, o servizo de partos non se pode manter pola seguridade das nais e dos seus bebés, e que as propostas presentadas non son viables a curto prazo.

O PP provincial, Democracia Ourensana e Ciudadanos acaban de presentar unha moción conxunta a debater no pleno da Deputación pola defensa dos servizos do Hospital de Verín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019