CRTVG

Buscar

O buque Ángeles Alvariño segue co rastrexo en Tenerife para dar co corpo de Anna e do seu pai

Publicado o 20/06/2021 15:12

O buque Ángeles Alvariño continúa a busca unha xornada máis do corpo da nena Anna e do seu pai, e presunto autor da morte das súas fillas, Tomás Gimeno.

A nai das nenas, Beatriz Zimmerman, quixo expresar nunha emotiva carta o seu agradecemento tanto á tripulación do barco oceanográfico como á Garda Civil polo esforzo nas tarefas de busca, que deron como resultado a localización dunha das nenas, Olivia de seis anos, hai unha semana. Na misiva a nai recoñece que por moi dura que fose, prefería saber a verdade sobre o acontecido coas súas fillas, e asegura que se non aparecesen ela seguiríaas buscando.

O operativo de rastrexo sobre o que se supón poderían atoparse os corpos de Anna ou do seu pai, estaba previsto que finalizase o mércores pasado, pero finalmente continuará activo durante uns días máis, malia que dende da Delegación do Goberno de Canarias se manifestou que as probabilidades de ter éxito son remotas.

Estúdase se continuar o operativo cun submarino de carácter privado, aínda que están por determinar as futuras accións de rastrexo.

Noticias web

20/06/2021