CRTVG

Buscar

Continúa o incremento diario de casos de coronavirus en Galicia por riba dos 350

Publicado o 17/10/2020 20:54

• Notifican tres novos falecementos na Coruña, Ferrol e Verín

• As boticas de Ourense fan test gratuítos e voluntarios

 

O Sergas notificou a última hora do sábado o falecemento de tres persoas por coronavirus e deixa a cifra de vítimas mortais pola pandemia en 818. Todos eles tiñan patoloxías previas. Todos os falecidos hoxe foron homes. Un deles, de 81 anos, estaba ingresado no CHUAC. Outro, de 80 anos, faleceu no Chuf e o terceiro, no Hospital de Verín.

Sanidade notifica 355 novos contaxios de Covid-19 confirmados nas últimas 24 horas por PCR en Galicia. Asi os pacientes coa infeción activa son 4.745. Hai 229 persoas en unidades de hospitalización e 40 ingresados en UCI. O número de falecidos mantense nas últimas horas en 815 persoas. Desde o comezo da pandemia son 28.638 as persoas contaxiadas. O venres superáronse as 7.000 PCR realizadas e o número total son 579.828. As persoas que superaron a infeción son 23.078.

Por áreas sanitarias a situación máis preocupante está en Ourense con 97 novos contaxios e 1610 casos activos. Hai 89 pacientes hospitalizados e 12 ingresados en UCI. Na da Coruña son 57 os contaxios novos con 807 pacientes coa infeción activa. 42 persoas permanecen ingresadas e 6 nas UCI.

En Ferrol son 169 os casos activos con 10 novos contaxios nas últimas 24 horas con 5 ingresados en unidades de hospitalización e e ningún paciente en UCI. En Lugo son 20 os novos contaxios con 425 casos activos. 18 persoas están en unidades de hospitalzación e 3 nas UCI. En Santiago son 62 as persoas diagnosticadas por PCR nas últimas 24 horas con 686 pacientes coa infeción activa. Son 34 os hospitalizados e 7 nas UCI.

En Vigo son 70 0s novos contaxios con 632 persoas coa infeción activa, 24 pacientes están en unidades de hospitalización e 9 en UCI. Na de Pontevedra diagnosticáronse 39 novos contaxios con 416 casos activos. Hai  17 hospitalzados e 3 nas UCI.