CRTVG

Buscar

Continúa o goteo de camiñantes cara a Compostela neste outono

Publicado o 26/09/2021 14:43

O goteo de camiñantes non para tras a chegada do outono. O pulo do Xacobeo nótase e o Camiño de Santiago mantén o seu poder de convocatoria tamén en setembro. Hai xente que chega doutros países, pero tamén doutras comunidades.

En xeral, coinciden en que as estas alturas poden facer o traxecto con máis tranquilidade. Dous peregrinos andaluces dedican un mes a completar a súa ruta. Poucos meses antes do remate do ano, todo parece indicar que a pandemia non vai evitar unha nova cifra récord de compostelas.

Noticias web

26/09/2021