CRTVG

Buscar

Galicia seguirá en aviso amarelo por frío tamén durante a fin de semana

Publicado o 11/01/2019 22:16

Galicia encara o final da semana tal e como a empezou con avisos amarelos por baixas temperaturas.

Este venres foi o primiero día en que estes avisos lle afectaron a puntos das 4 provincias.
Notouse a chegada da anunciada masa de aire frío sobre todo na baixada das máximas.
Con respecto ás mínimas, as temperaturas máis baixas rexistráronas hoxe nas comarca de Monterrei e da Limia. 7,2 baixo cero marcou o termómetro de madrugada en Verín. En Baltar ou Calvos de Randín baixou ata o 6 graos negativos.

A provincia de Lugo viviu tamén unha das xornadas máis frías de toda a semana. Sarria rexistrou a mínima con 5,6 graos negativos. Fixo moito frío tamén en Boveda cos termómetros caendo as 4,8 baixo cero. E na capital quedaron nos 3,6 graos. De momento seguiremos pasando frío xa que os avisos mantéñense con vistas á fin de semana e tamén vendo o sol xa que non se albiscan cambio ata mediados da semana que vén.

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019