CRTVG

Buscar

Bos días

Continúa o Debate de Política Xeral, hoxe marcado pola presentación das propostas de resolución

Publicado o 06/10/2017 09:36
Esta mañá retómase o Debate de Política Xeral. Os grupos defenderán as súas propostas de resolución. Entre as corenta propostas presentadas polo BNG destacan blindar os servizos públicos, recuperar o consenso sobre o galego ou reformar o estatuto. Neste punto tamén coincide o PSdeG, que ademais inclúe propostas a prol dos dependentes.
En Marea centra as súas propostas no dereito a decidir dos pobos e na loita contra a precariedade e a violencia machista. Os populares propoñen apoiar o discurso do Rei e as forzas de seguridade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017