CRTVG

Buscar

Continúa o aumento dos casos na residencia DomusVi de Vimianzo

Publicado o 27/12/2020 20:48

En canto á situación nas residencias de maiores, a Xunta contabiliza 114 usuarios contaxiados e 122 traballadores. Preocupa un gromo na residencia Domus Vi de Vimianzo, onde hai 35 residentes infectados, 10 máis ca onte. O número de traballadores contaxiados ascende a 8, o que supón un máis ca na xornada anterior. É o centro de maiores que máis casos rexistra a día de hoxe en Galicia.

Noticias web

27/12/2020