CRTVG

Buscar

Continúa grave na UCI o home que viaxou en bus de Madrid a Vigo con coronavirus

Publicado o 11/07/2020 15:25

Continúa estable dentro da gravidade o home de 44 anos ingresado na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro afectado pola covid-19. A Xunta segue rastrexando os contactos do home que viaxou de Madrid a Vigo en autobús. Este é o primerio ingreso por coronavirus nunha unidade de coidados intensivos en Galicia desde hai un mes.

Dentro da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, as que ven son imaxes desta mañá, segue hospitalizado un home de 44 anos. Permanece estable dentro da gravidade que reviste a neumonía bilateral grave provocada por o coronavirus.

Desde había un mes ningún hospital galegpo rexistrara unha entrada nos coidados intensivos por este virus. Este autobús que ven, no que viaxou xunto con outras 47 persoas e un conductor xa foi desinfectado e permanece en corentena na estación de autobuses de Vigo.

A Xunta rastrexa todos os contactos para practicarlles un test e poñelos na corentena pertinente na que xa están 13 pasaxeiros. Segundo contan eles mesmos en ningún momento se quitaron a máscara dentro do bus aínda que non se gardaban as distancias de 2 metros entre viaxeiro e viaxeiro.

Desde a cooperativa de taxis de Vigo confírmanno que o home colleu un taxi nesta estación para trasladarse ao Álvaro Cunquiero.

O mariñeiro de Baiona que foi ingresado en planta non na UCI nada ten que ver co caso do autobús. O home levaba días en seguemento, xa diagnosticaddo, e empeorou. En Ourense Beariz monopoliza os casos sa provincia . Dos cinco 4 están relacionados coa mesma familia que viaxou desde México.

Noticias web

11/07/2020