CRTVG

Buscar

Continúa en estado moi grave a moza ferida no accidente da Pobra do Caramiñal

Publicado o 06/05/2019 13:52

A muller que quedou ferida de gravidade no accidente de tráfico desta sábado en Palmeira, no concello de Ribeira, continúa estable dentro da gravidade na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Mentres, a Garda Civil continúa coa investigación do sinistro, consistente nunha colisión frontal entre dous coches á saída dunha curva.

A morte dos dous ocupantes dun dos vehículos, unha parella da zona de 28 e 29 anos, mantén conmocionados os veciños dos concellos de Ribeira e da Pobra do Caramiñal.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019