CRTVG

Buscar

O dono do piso incendiado na Coruña: "A muller que me fixo isto non vai durmir tranquila"

Publicado o 27/03/2019 19:34

Está previsto que a muller que, supostamente, acoitelou un home e lle prendeu lume a unha vivenda do barrio coruñés de Monte Alto pase este venres a disposición xudicial. Esta mañá o home volveu á súa casa, tras recibir a alta hospitalaria, e bastante alterado polo comportamento da agora detida.

"A muller que fixo isto non a salva nin a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias. Non teño nada máis que dicir. Eu vou chegar xunto dela", dixo o home acoitelado.

É o propietario do piso incendiado. Di que recibiu cinco coiteladas antes de que, presuntamente, a muller lle prendese lume ao inmoble.

"Non vai durmir nin un día tranquila dentro da prisión. Nin un día. Nin un día tranquila", afirma o caseiro.

Segundo contou o dono da vivenda, a muller, detida nos calabozos da Policía Nacional da Coruña, comezou a discutir con el cando lle comunicou que quería que abandonase o piso. Horas antes, un amigo seu rompera a relación sentimental que mantiña con ela. A muller asestoulle, supostamente, cinco coiteladas, antes de prenderlle lume á vivenda, onde había outra tres persoas.

Varios veciños non puideron pasar a noite nas súas casas. A detida pasará o venres a disposición xudicial.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019