CRTVG

Buscar

Continúa activo o incendio de Cenlle, con 45 hectáreas afectadas

Publicado o 05/09/2019 15:59

Continúa activo o incendio que comezou onte á tarde en Cenlle e que leva afectadas 45 hectáreas. As lapas comezaron moi preto de onde comezara outro incendio que fora provocado por un coche que ardeu na autovía A-52 polo que se pensa que este podería ser unha reprodución.

O lume chegou a pisar a medianeira da autovía polo que a circulación estivo complicada. Nesa zona producíronse importantes retencións porque foi necesario cortar un carril de circulación sentido. O Porriño para facilitar eses labores de extinción en que traballaron numerosos medios, entre eles, 7 avións e cinco helicópteros por aire e 15 brigadas por terra.

Esta mañá aínda continuaban traballando arrefriando a zona para evitar que se reaviven as lapas.

Noticias web

05/09/2019