CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Rubiais, en Viana do Bolo

Publicado o 06/08/2020 13:07

O incendio forestal da parroquia de Rubiais, no termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), quedou extinguido ás 22:43 horas de onte, segundo informou esta mañá a Consellería do Medio Rural.

O lume iniciouse na noite do luns na citada parroquia. As últimas indicacións apuntan a unha superficie afectada de 50 hectáreas, das cales 47 corresponden a monte raso e os 3 restantes son de arboredo.

Nos labores de extinción deste incendio mobilizáronse en total 6 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Outro incendio activo en Viana do Bolo

Con todo, o lume non dá tregua ao concello de Viana do Bolo. Medio Rural informa tamén de que segue activo o incendio forestal rexistrado no mesmo municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo.

Este incendio comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente a unhas 130 hectáreas de superficie. No lugar mobilizáronse ata o de agora 13 axentes, 36 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

Noticias web

06/08/2020