CRTVG

Buscar

Avanza o incendio de Sierra Bermeja tras arrasar máis de 7.800 hectáreas

Publicado o 13/09/2021 14:23

Coa esperanza de que a choiva prevista na zona de Sierra Bermeja, na provincia de Málaga, axude á súa extinción, o incendio forestal seguiu avanzando este luns e xa calcinou máis de 7.800 hectáreas, mentres a Fiscalía de Medio Ambiente apunta a que foi intencionado.

Cinco días despois de que comezase a arder Sierra Bermeja a Fiscalía de Medio Ambiente considera que os primeiros datos da investigación do incendio, que xa queimou máis de 7.000 hectáreas no suroeste da provincia de Málaga, apuntan a que foi provocado de forma intencionada, aínda que é pronto para dispor de información sobre a autoría.

A choiva, esa gran esperanza para mañá con todo, para o director de Extinción do Plan Infoca, Juan Sánchez, "só vai axudar a que melloren as condicións" porque "desgraciadamente non vai apagar" o incendio, xa que a cantidade de auga que se espera na zona non chega ao chan.
Sánchez indicou que se están tendo problemas de falta de auga física no terreo porque se está acabando coas balsas de auga.

Un helicóptero do dispositivo de extinción sufriu un accidente este luns ao levantarse unha nube de po que impediu a visibilidade do piloto, aínda que os seus dezanove ocupantes quedaron ilesos.

O carácter da xeoloxía, a fauna e flora que crece sobre o macizo de Sierra Bermeja era "único a nivel mundial", segundo declarou a Efe Javier Martos, coportavoz da plataforma "Sierra Bermeja, Parque Natural".

 

Noticias web

13/09/2021