CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Monterrei, o máis grande desde 2017

Publicado o 01/08/2020 01:20

Os medios de extinción traballan para controlar o incendio máis grande deste ano en Galicia. Comezou o mércores en San Millao, Cualedro, e avanzou axiña cara a Monterrei, onde estivo ao pé das casas. Tamén afecta o concello de Oímbra, de feito, Medio Rural activou a situación dúas por proximidade ás vivendas durante unhas horas, pero agora a situación está máis tranquila.

Mil cincocentas hectáreas leva arrasadas, boa parte delas de terreos agrícolas. Ademais, queimou pendellos, colmeas, animais e unha enorme masa forestal. Convértese, ademais, no incendio máis grande dende a vaga de lume do 2017 e adquire a consideración de grande incendio forestal.

Segundo Medio Rural, o incendio foi intencionado, xa que empezou en dous puntos distintos á vez.

Noticias web

01/08/2020