CRTVG

Buscar

Continua a polémica entre PPdeG e PSdeG a conta da chegada do AVE a Galicia

Publicado o 28/10/2019 20:52


Continúa a polémica pola  chegada do tren de Alta Velocidade a Galicia. Os populares galegos insisten que non hai data nin para o remate das obras nin para a entrada en servizo.  Desde o PSdeG poñen de aval o compromiso do Goberno Central coa posta en marcha do AVE á nosa comunidade. Defenden os socialistas galegos que "non hai nin un so minuto, nin sequera un segundo de atraso" nas obras do AVE que se lle poidan atribuir ao Goberno central. O secretario xeral insiste en que Pedro Sánchez está "plenamente comprometido" coa chegada da Alta Velocidade a Galicia.

" O Goberno de España está comprometido plenamente coa chegada do AVE a Galicia. Así o trasladou de forma continua o ministro de Fomento e tamén o mantivo a presidenta do ADIF, a galega Isabel Pardo de Vera", defende Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.Os populares poñen en dúbida ese compromiso. Acusan a Pedro Sánchez de facer campaña co AVE e recordan que so visita Galicia en época electoral.

"Chámanos a atención que veña, unha vez máis, a Galicia o presidente do Goberno en funcións. Pedro Sánchez ven facer campaña e non de visita como presidente do Goberno de España. Nunca estivo en Galicia como presidente do Goberno", afirma Pedro Puy, voceiro do PPdeG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019