CRTVG

Buscar

Continúa a investigación polo roubo de xoias nun hotel de Valencia a Daddy Yankee

Publicado o 10/08/2018 20:57

A Policía continúa coas pesquisas no roubo que sufriu o cantante portorriqueño Daddy Yankee no hotel de Valencia onde se aloxaba. O cantante foi vítima dun roubo de xoias, diamantes e diñeiro en efectivo por valor de dous millóns de euros. Parece ser que o ladrón foi alguén que se fixo pasar polo artista e que lles pediu aos empregados do hotel que lle abriran a caixa forte onde o artista gardaba os obxectos de valor. De momento non hai detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018