CRTVG

Buscar

Segue a folga dos traballadores de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo

Publicado o 07/08/2021 10:22

En Vigo esta fin de semana continúa a folga de Vitrasa.
Os traballadores da concesionaria do transporte urbano de Vigo consideran que desenvolven xornadas moi prolongadas de ata dez horas segundo din, e quendas con apenas sete horas de descanso entre xornada e xornada. Tamén aducen retrasos no cobro dalgunhas nóminas.

Desde o comité de empresa consideran necesario que se incremente o plantel de condutores e piden tamén que o Concello de Vigo se implique na busca dunha solución.

Noticias web

07/08/2021