O PP pide a dimisión de Garzón e Darias prefire falar dunha “dieta equilibrada"
A campaña protagonizada por Alberto Garzón en que afirma que "o consumo excesivo de carne prexudica a nosa saúde e o planeta" segue xerando contraversia. O propio presidente chegou a desacreditala asegurando que "un chuletón ao punto, iso é imbatible".
Tras el, seguiron as críticas dos ministros socialistas. Para a titular de Industria e Turismo trátase dun erro. Reyes Maroto considera que as campañas teñen que ser en positivo porque "xa estamos un pouco cansos de que nos digan o que non temos que facer".
O lema en positivo púxoo hoxe a ministra de Sanidade. Carolina Darias avoga por "unha dieta equilibrada e completa, todo na súa xusta medida".
Dende o PP consideran que o ministro Alberto Garzón debería dimitir. Para Pablo Casado, "os disparates que di este goberno cotizan en bolsa, isto non sae gratis, crea incertidume e desconfianza".
Os que non se pronunciaron, por agora, son os outros ministros de Unidas Podemos que forman parte do Goberno.