CRTVG

Buscar

Continúa a busca do veciño do Pino Pepe de Beis que desapareceu o venres pasado

Publicado o 12/07/2018 14:41

José de Beis, máis coñecido como Pepe de Beis, desapareceu o venres pasado sen deixar rastro. As partidas continúan pola zona de Arca, preto da casa onde residía coa súa muller.

Ten 88 anos e problemas de mobilidade, camiñaba coa axuda de dous bastóns, por iso algúns veciños aseguran que é imposible que chegase lonxe polo seu propio pé. Ademais, comezaba a padecer de alzhéimer.

O traballo dos operativos da Garda Civil continúa xunto con Protección Civil e os veciños que voluntariamente participan nos grupos de busca para atopar o desaparecido. 

O perímetro céntrase hoxe nos arredores da casa, no cemiterio e nas pistas preto das minas. 

A esperanza é o último que se perde e as partidas seguirán revisando durante todo o día nos arredores de Astrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018