CRTVG

Buscar

Continúa a busca do pesqueiro gaditano desaparecido en augas marroquís

Publicado o 24/01/2020 20:42


Salvamento Marítimo continuou hoxe a busca do pesqueiro gaditano Rúa Mar, desaparecido en augas marroquís con seis tripulantes a bordo A última noticia que se tivo do pesqueiro foi a madrugada do xoves cando activou a radiobaliza de emerxencia. No porto de Alxeciras, onde ten a súa base, familiares e compañeiros dos tripulantes concéntranse diante da confraría á espera de noticias. Polo momento, nada se sabe do pesqueiro, aínda que se desbota que a causa do naufraxio fose o choque cun mercante.

Noticias web

24/01/2020