CRTVG

Buscar

Continúa a busca do home desaparecido en Muros o martes

Publicado o 17/01/2019 14:13

Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Muros organizaban a primeira hora da mañá unha nova xornada de busca para dar co paradoiro de Juan Rodríguez, o veciño de 60 anos desaparecido o martes pola tarde en Esteiro. Hoxe a busca ampliouse aos montes do Freixo, ata onde desprazaron cans do servizo cinolóxico da Garda Civil.

Veciños do desaparecido colaboran na busca repetindo de xeito máis minucioso o rastrexo por zonas polas que xa foi buscado.

A hipótese coa que se traballa desde o primeiro momento é que se puido desorientar e poñerse a camiñar sen rumbo fixo. No momento da desaparición vestía un pantalón gris e un xersei vermello.
Ao mediodía incorporouse á busca o helicóptero da Garda Civil. Esta tarde retoman a busca cos drons da Axencia Galega de Emerxencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2019