CRTVG

Buscar

Continúa a busca de Alejandro Meitín en Viveiro

Publicado o 20/12/2019 12:45

En Viveiro continúa a busca de Alejandro Meitín, o mozo, de 34 anos, do que non se sabe nada dende a madrugada do domingo tras asistir a unha cea de Nadal.

A familia está desesperada, xa realizaron varias batidas na súa busca nas estradas secundarias que van dende o restaurante onde asistiu á cea ata a súa casa.

A policía non descarta ningunha liña de investigación, incluída a desaparición voluntaria.

Noticias web

20/12/2019