CRTVG

Buscar

Continúa a busca da muller sospeitosa de matar a nai

Publicado o 27/03/2019 19:09
Continúa a busca da muller sospeitosa de matar a nai

A Policía Nacional da Coruña continúa a busca da muller de 41 anos sospeitosa de acabar coa vida da súa nai na vivenda que ocupaban no barrio de San Roque. Foron os integrantes da comisión xudicial que ía desafiuzalas os que atoparon o cadáver xunto a unha nota da filla en que explicaba a difícil situación que atravesaban.

Os veciños declararon ante a policía que foi o luns á primeira hora da mañá a última vez que teñen constancia da presenza da filla na vivenda. Desde entón, a policía peitea a zona para dar co seu paradoiro.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019