CRTVG

Buscar

Continúa a baixada dos casos activos (-290) e da presión asistencial (-2)

Publicado o 02/09/2021 10:22

• Soben as PCR positivas (+3)

• Ningunha área sanitaria suma hoxe casos activos

Continúa a baixada dos casos activos (-290) e da presión asistencial (-2)

Os casos activos seguen á baixa. Hoxe hai 7.522 persoas con coronavirus en Galicia, 290 menos ca o día anterior

Con respecto ás PCR, estas experimentan unha pequena subida (+3). En total, detectáronse 330 probas positivas.

Os novos contaxios, pola súa parte, descenden con respecto ao día anterior (-170). Detectáronse 160 novos casos en Galicia.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.250 (-97)

A Coruña: 1.871 (-122)

Pontevedra: 504 (-25)

Santiago: 1.309 (-8)

Ourense: 679 (-16)

Lugo: 1.402 (=)

Ferrol: 507 (-22)

A presión asistencial tamén descende (-2). Hai 53 persoas en coidados intensivos (+1) e 153 en planta (-3). En total, atópanse 206 persoas hospitalizadas en Galicia. Por outra banda, o Sergas notificou catro falecementos por covid−19 no día de onte, que elevan a cantidade a 2.574 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos