CRTVG

Buscar

'Contaxio', un conto de UNICEF sobre a COVID-19

Publicado o 17/06/2020 14:39

Un conto audiovisual en tempos de pandemia que comeza coa palabra contaxio. "Vale, si, máis que incómoda, son unha palabra que pode parecer perigosa".

"Eu creo que o conto, ademais de ser moi didáctico, porque fala de cousas importantes das que é necesario falar neste momento, creo que os nenos tamén van atopar emocións, van atopar respostas e moitas preguntas que é necesario facer e responderlles", explica Lucía Regueiro.

A actriz Lucía Regueiro, xunto con Unicef Galicia, é a impulsora deste conto pensado para fomentar a educación da infancia sobre a COVID-19.

"Contaxio vai coñecendo palabras do diccionario, como "fame", "pobreza", circunstancias derivadas desta COVID que estamos aínda a vivindo, pero tamén achega solucións a través de "medicina", da palabra "vacina" e "investigación", explica Irene Marín, coordinadora de UNICEF comité Galicia.

O conto, polo momento en formato audiovisual, vaise converter en material didáctico dirixido aos centros de ensino.


 

Noticias web

17/06/2020