CRTVG

Buscar

Contaxiados 10 veciños dun edificio do centro en Ourense

Publicado o 21/04/2020 12:47

O coronavirus mantén confinados e preocupados os veciños dun céntrico edificio situado na avenida de Bos Aires, en Ourense.

10 veciños deste inmoble de 28 vivendas están contaxiados. E 7 deles tiveron que recibir asistencia hospitalaria.

Dende a comunidade lembran que no edificio residen numerosas persoas de idade avanzada, que forman parte dos grupos de risco.

Reclaman que se lles realicen tests para detectar posibles casos asintomáticos e evitar novos contaxios.

 

Noticias web

21/04/2020