CRTVG

Buscar

Dende hoxe, as contas básicas de pago son gratuítas

Publicado o 23/04/2019 08:46

Dende hoxe, as contas bancarias de pago básicas son gratuítas. Non só serven para depositar diñeiro, senón que deben ofrecer como mínimo a posibilidade de domiciliar recibos, realizar transferencias e dispoñer polo menos dunta tarxeta de débito para extraer cartos do caixeiro e realizar pagos en comercios dentro da Unión Europea.

Todas as entidades que ofrezan contas de pago están obrigadas a ofrecer contas de pago básicas. En España, o Goberno fixou un máximo de tres euros mensuais de comisións que inclúe ata 120 operacións de pago anuais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019