CRTVG

Buscar

O PSOE descualifica a proposta popular do candidato alternativo

Publicado o 06/08/2019 19:57

Cen días despois das eleccións, nin hai goberno nin, segundo a voceira do Partido Popular, o vai haber. Cayetana Álvarez de Toledo cre que a fórmula á que aspira Sánchez conduciría á inestabilidade. Por iso, o seu partido ratifícase no non en caso de que o socialista volva someterse á investidura.

Cayetana Álvarez de Toledo, voceira do PP no Congreso, asegura que "o Partido Popular só se abstería se Sánchez deixa de ser Sánchez, se fixera unha lobotomía política e se convertese nun constitucionalista decidido, nun home de estado, e creo que iso non vai acontecer".

No PSOE, consideran unha falta de respeto a proposta dos populares de designar outro candidato, ben das propias filas socialistas ou ben pactado pola dereita.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, cre que "iso é un exercicio de diletantismo, unha ocorrencia. Foi o Partido Socialista Obreiro Español con Pedro Sánchez á fronte quen recabou o apoio maioritario da cidadanía española. Imos facer un goberno con Pedro Sánchez liderando o cambio".

Sánchez escoitou este martes propostas do mundo educativo, da sanidade e de colectivos contra a despoboación. O encarcerado Jordi Cuixart, pediulle que se reuna tamén con Omnium Cultural, a organización independentista catalá que preside.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019