CRTVG

Buscar

Contabilízanse 17 mortes en Galicia pola covid−19, 2.056 desde o inicio da pandemia

Publicado o 11/02/2021 20:50
Contabilízanse 17 mortes en Galicia pola covid−19, 2.056 desde o inicio da pandemia

Sanidade acaba de notificar o falecemento de 17 persoas diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, a cifra total de mortes dende o inicio da pandemia ascende a 2.056 en Galicia.

• O día 23 de xaneiro falecía unha muller de 88 anos na residencia Paz y Bien de Tui.

• O día 27 de xaneiro perdía a vida un varón de 83 anos na residencia Paz y Bien de Tui

• O día 7 de febreiro falecía un home de 102 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria.

• Onte falecían un home de 83 anos no CHUO, un varón de 73 anos no CHUO, unha muller de 73 anos no CHUS, un home de 87 anos no CHUAC, un varón de 78 anos no CHUAC, un home de 87 anos no CHUF, un varón de 88 anos no CHUS procedente da residencia San Simón de Teo, un varón de 73 anos no CHUS, un home de 87 anos no CHUAC e unha muller de 94 anos na residencia San Simón no concello de Teo.

• Hoxe perderon a vida un home de 91 anos no CHUO, un varón de 93 anos no CHUVI, unha muller de 75 anos na residencia DomusdVi de Carballo e unha muller de 79 anos no CHUVI.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.