CRTVG

Buscar

'O derradeiro jedi', a película máis agardada para o Nadal

Publicado o 10/11/2017 13:47

En menos de 24 horas, máis de dez millóns de visitas. É só unha mostra da expectación que xera 'O derradeiro jedi', a última entrega de 'Star Wars' que se estreará este Nadal.

O novo avance do oitavo capítulo da saga móstranos unha galaxia moi, moi afastada, e dous personaxes principais, o malvado Ren e a loitadora Rey, canda uns xa anciáns Luke e princesa Leia.A montaxe pícanos máis a curiosidade por coñecer eses novos planetas e por saber se ese apertón de mans entre os protagonistas co que remata é ou non é amigable saberémolo a partir do 15 de decembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017