CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez retoma as negociacións en setembro

Publicado o 23/08/2019 20:16

Nunha carta ás bases, Unidas Podemos describía a postura do PSOE nas negociacións como un "trágala" que os obrigaba a elixir entre a postura de Sänchez ou eleccións. O executivo responde.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, di que "non hai ningún trágala. Non se observan condicións para un goberno de coalición"

A un mes de que se active a repetición electoral, as conversas nin empezaron nin o farán en breve.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, cre que "non haberá encontros políticos a semana que vén"

En Unidas Podemos seguen esperando explicacións á negativa a falaren da súa última proposta.

Pablo Echenique, secretario de Acción de Goberno de Podemos, asegura que "resulta dificil explicarlle á cidadanía por que o que era viable en xullo, cando o PSOE estaba disposto, estaba aberto a negociar un goberno de coalición, en agosto é inviable"

No PP, cren que Sánchez debe explicar xa a súa actitude.

Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP,  cre que "é o señor Sánchez quen se ten que mover e de momento non fixo absolutamente nada. Emprazámolo a que elixa: ou desatasca a situación e intenta acordar cos seus aliados naturais ou que lle diga aos españois que está en campaña electoral e que o que quere é que vaiamos outra vez ás urnas"

Instan a Sánchez a atallar o espectáculo, din, do cruce de comunicados e a comparecer tanto ante os medios como no Congreso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019