CRTVG

Buscar

Consulta de mentira para preparar os nenos autistas para ir ao médico

Publicado o 27/02/2019 17:18

Para un neno ou unha nena con trastorno do espectro autista, ir ao hospital pode converterse nunha experiencia de estrés e angustia. Por iso, a Asociación Aspanaes pensou nunha fórmula para que estes pacientes puidesen familiarizarse co ambiente sanitario. Estano conseguindo no centro de saúde do Milladoiro.

Isaac, David e Pablo van, coma cada martes, á súa consulta. Este é un centro de saúde de verdade, cunha médica de verdade. Pero a consulta é de mentira. Magdalena deixa primeiro que se afagan, e cando se senten cómodos, comezan as probas simuladas.

Probas rutineiras e outras máis complexas. Esta tecnoloxia caseira serve para simular un electroencefalograma, como o que poden facer nun hospital.

E cando o paciente remata a consulta, hai premio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019