CRTVG

Buscar

Constrúense as primeiras vivendas con impresión 3D

Publicado o 19/05/2021 14:14

A principios de mes unha parella de xubilados convertíanse nos primeiros cidadáns da Comunidade Europea en habitar unha casa construída integramente cunha impresora 3D. En España, unha empresa valenciana conta xa coa tecnoloxía que permitirá facer vivendas máis baratas e máis sostibles.

Hai que esperar ata finais de ano para poder habitar as primeiras vivendas construídas con tecnoloxía 3D. O método de construción, desenvolvido por unha empresa valenciana, é moi semellante. Un enorme robot mecánico vai botando capas dun cemento especial seguindo o deseño do arquitecto, por complexo que sexa.

En 10 ou 12 horas estaría lista unha vivenda de entre 70 e 90 metros cadrados, pero a impresora ten capacidade para acometer vivendas do dobre de superficie. Con esta tecnoloxía redúcese nun 35 por cento o custo da estrutura, que representa unha quinta parte do presuposto dunha vivenda, e o impacto ambiental é menor. Segundo os pioneiros deste tipo de construción en España, os edificios poden durar 150 anos sen necesidade de mantemento.

Noticias web

19/05/2021