Construcións con madeiras autóctonas e sostibles
Publicado o 17/03/2021 16:30
Nun monte autóctono de Ribeira de 15.000 metros cadrados, a sete quilómetros de Lugo, érguense estas fermosas cabanas. Son apartamentos turísticos en plena natureza e aquí a gran protagonista é a madeira.
Buscaban respectar a contorna e coa madeira como grande aliada conseguir mimetizar estas construcións e integralas na natureza.
Eles son uns dos moitos beneficiarios dunha liña de axudas posta en marcha pola Xunta para fomentar o uso das madeiras autóctonas na construción.
Madeiras locais certificadas, procedentes de montes xestionados de forma sostible e que consolidan a cadea de valor.