CRTVG

Buscar

Constituído o Observatorio da Eólica Mariña, onde Xunta, sector industrial e pesqueiro analizarán o seu impacto

Publicado o 09/06/2021 20:51

Nace o Observatorio da Eólica Mariña, un foro no que sentan representantes da Xunta, da industria e do sector pesqueiro. Vanse xuntar para analizar cada un dos pasos que se dean na instalación de parques eólicos mariños e garantir que o seu impacto non afecte á pesca nin ao ecosistema.

A Xunta quere aproveitar a chegada dos fondos europeos de recuperación para colocar a Galicia no liderado nacional deste tipo de enerxías. O observatorio será o garante de que se faga sen menoscabar as actividades marítimas xa existentes. 

Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, di que "ten que ser un punto de encontro entre a administración, o sector industrial e o sector pesqueiro para identificar oportunidades desde o punto de vista industrial e das enerxías renovables".

Para Rosa Quintana, conselleira do Mar, "o primeiro obxectivo é que sexa unha actividade compatible co desenvolvemento da actividade marítimo-pesqueira e respectuosa co medio ambiente".

Noticias web

09/06/2021