Constituído en Madrid o Grupo de Traballo dos Camiños de Santiago
Publicado o 01/10/2019 20:19
Esta tarde quedou constituído no Ministerio de Industria o Grupo de Traballo dos Camiños de Santiago.
Nove comunidades autónomas participan nel co obxectivo de desenvolver de xeito conxunto iniciativas e accións para promover a ruta xacobea no marco do Ano Santo de 2021.
Trátase de situar o Camiño de Santiago como unha das principais bazas turísticas.