Constitúese o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia
Publicado o 14/05/2019 15:31

Esta tarde quedará constituído o Consello Técnico de Atención Primaria, un órgano asesor para o novo modelo do primeiro nivel asistencial. Estarán representados os colexios profesionais do ámbito sanitario, as sociedades científicas e as asociacións de usuarios.
Entre as súas funcións está a de avaliar as necesidades de recursos humanos, ou analizar a organización da Atención Primaria. Tamén proporá programas de actuación sanitaria.
A creación deste consello foi acordada pola consellería de Sanidade e os sindicatos na véspera da folga prevista para o mes de abril.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52