CRTVG

Buscar

Constitúese a Deputación de Lugo, gobernada en coalición entre PSdeG e BNG

Publicado o 18/07/2019 08:20
Constitúese a Deputación de Lugo, gobernada en coalición entre PSdeG e BNG

Este mediodía constitúese a Deputación de Lugo. Estará gobernada por unha coalición entre os socialistas e o BNG.

O alcalde de Monforte, José Tomé, será o presidente, co apoio dos 10 deputados do PSdeG e os 3 do Bloque.

O acordo recolle que a presidencia será para os socialistas e a vicepresidencia para a concelleira nacionalista Maite Ferreiro. Con este pacto distribuiranse as áreas de goberno, que estará constituído por 7 concelleiros do Partido Socialista e 2 do BNG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019