CRTVG

Buscar

A ponte festiva deixa ocupacións de case o 100 % en Santiago

Publicado o 11/10/2021 15:57

Nótase a recuperación turística en Santiago. De entrada, no sector hostaleiro de Santiago partíase dunhas previsións do 60% a comezos de mes, o que consideraban que non era unha mala cifra, porque nas pontes sempre acaba habendo unha porcentaxe considerable de reservas de última hora. Pero parece que a pandemia aumentou esa tendencia e esta vez foron moitos máis os que tomaron a decisión no último momento.

E iso fixo que a ocupación real estea superando con moito as previsións. Na zona histórica a ocupación hosteleira chega en moitos casos ao cen por cento. E o mellor de todo, din os responsables do sector, é que esta ponte confirma unha tendencia sostida da recuperación da actividade turística. 

 

 

Noticias web

11/10/2021