CRTVG

Buscar

Conservadores e socialdemócratas logran frear a ultradereita no leste de Alemaña

Publicado o 01/09/2019 21:32

En Alemaña, finalmente, os conservadores e socialdemócratas logran frear a ultradereita nas eleccións rexionais que se celebraban este domingo.

Segundo as sondaxes a pé de urna, a Unión Cristianodemócrata de Angela Merkel obtería en Saxonia o 33,5 dos apoios, cinco puntos menos que en 2014. En Branderburgo, o partido Socialdemócrata quedaría nun 26,5 por cento, cunha caída de catro puntos.

Con todo, a ultradereita de Alternativa para Alemaña imponse como segunda forza nos dous landers do leste de Alemaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019