CRTVG

Buscar

Consellos para evitar sustos coas chemineas nesta época de frío

Publicado o 12/01/2021 14:44

As xeadas manteñen conxelada a toda Galicia e as calefaccións das nosas casas, nas cidades ou no rural, botan fume. Os técnicos traballan estes días arreo para revisar o estado das chemineas e ofrecen varios consellos para mantelas a punto.

Hai alguns sinais, por exemplo nas calefaccións de leña, que nos poden avisar cando se aveciña un problema. Todo iso para evitar que se repitan incendios como os que nestas últimas xornadas afectaron varias localidades galegas. O pasado sábado, por exemplo, os servizos de emerxencias tiveron que actuar en catro casas.

Un bo mantemento axuda ademais a diminuír o gasto enerxético e a reducir a contaminación que producen estas fontes de calor.

Noticias web

12/01/2021