CRTVG

Buscar

Consellos para desfacerse dos quilos collidos no Nadal

Publicado o 07/01/2016 21:40

Os profesionais aseguran que o mellor é coidar a dieta sen pasar fame e facer exercicio, pero sen atracóns

Tan ineludible como a tolemia das rebaixas tras o Nadal é a tolemia de tentar perder canto antes os quilos gañados durante as festas. Non se deixen levar polas présas nin as receitas milagrosas. Verán que as que funcionan son ben coñecidas.

Tres... de media, o que quere dicir que haberá quen engordou 1 e quen engordou 5. E agora, que? Como os perdemos? Deixando de comer pola nosa conta tirando ao día cun iorgur ou unha ensalada de quinoa? Desistan desa idea.

Ollo con saltar comidas e con comer o primeiro que atopemos para matar a fame.

Tan importante como a dieta é acompañala de actividade física, necesaria para manter a masa muscular. Canta máis teñamos máis calorías queimará o corpo por si só, pero ollo cos atracóns deportivos.

Antes de atacar, hai que localizar e cercar o inimigo.

Se nun par de semanas no perderon algo de peso, algo están facendo mal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2016