CRTVG

Buscar

Consellos para coidar dos pés a través dos "selpies"

Publicado o 19/05/2017 19:03

O Colexio de Podólogos de Galicia colocou un fotomatón en Vigo onde a xente fotografía os seus pés e onde lles dan consellos para telos en bo estado

Unha persoa pode cheagr a sumar máis de 185.000 quilómetros ao longo da súa vida, por iso o Colexiode Podólogos de Galicia está a realizar unha campaña para informar sobre o seu coidado correcto. En Vigo colocaron un fotomatón onde a xente fotografía os seus pés e onde lles dan consellos para telos en bo estado.

A campaña "Selpie" informa aos cidadáns sobre a figura do podólogo e a importancia dun correcto coidado dos pés. Instalaron un fotomatón en Vigo e a xente que quería sacaba unha foro dos seus pés e quedaron coaimaxe. Cada copia leva unha frase con consellos e curiosidades.

Camiñamos ao longo da nosa vida algo máis de 185.000 quilómetros e se corremos, a presión sobre os nosos pés pode ser de ata 4 veces o noso peso. Realmente, coidamos os nosos pés?

As imaxes recompiladas servirán para a montaxe da exposición artística "Pensando cos pés" da artista Noemi Lorenzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017